O Concello de Guitiriz celebrará a Festa do Magosto a tarde do luns 28 de outubro. Será na Escola de Música Municipal de Guitiriz a partir das 17:15 horas. A festa contará con varias actividades, con música, xogos e a tradicional degustación de castañas. O evento está organizado en conxunto polo Concello, a Escola de Música Municipal e Mubagui.