O Concello de Guitiriz pechará o ano 2025 coa tradicional carreira da San Silvestre, que chega á súa terceira edición no municipio chairego. A proba, organizada polo Club Atletismo Guitiriz coa colaboración do Concello, está programada para o día 31 de decembro a partir das 11:30 horas.
Nesta ocasión, a San Silvestre contará cun percorrido pola contorna do Iberik Gran Balneario de Guitiriz. A proba contará con dúas modalidades. Por unha banda, haberá unha proba para os menores de 5 anos cunha distancia de 300 metros e, por outra, haberá a proba para o resto dos participantes, cunha distancia aproximada de dous quilómetros.
As inscricións estarán abertas proximamente a través da web ccnnorte.com. Ao finalizar a carreira, todos os participantes poderán desfrutar dunha chocolatada, nunha xornada pensada para promover o deporte, a diversión e a participación familiar.

0 Comments
Leave A Comment