O Concello de Guitiriz rexistrou un total de 3.235 alegacións de particulares ao parque eólico Satrebares, logo de que finalizara o prazo para presentalas o pasado luns, 17 de marzo.
Desde finais do mes de febreiro, a veciñanza tivo á súa disposición, tanto en formato físico como en dixital, un modelo de alegacións elaborado pola consultora contratada polo Concello, así como distintas reunións informativas postas en marcha polo goberno local para resolver dúbidas e achegar axuda profesional aos e as guitiricenses.
Agradecemos o traballo e o esforzo dos servizos municipais para rexistrar todas as alegacións recollidas ata o luns 17 de marzo, axudando e orientando á veciñanza en todos os aspectos posibles.
Unha vez realizada esta xestión, na que o Concello de Guitiriz se prestou para ofrecer todas as facilidades, agora toca esperar a que saían as correspondentes resolucións.
0 Comments
Leave A Comment