O Concello de Guitiriz xa completou de tramitar e pagar todas as solicitudes da súa liña de subvencións dirixida a autónomos para paliar os efectos económicos xerados pola crise sanitaria da COVID-19.
O goberno local, que investiu para este fin un total de 140.000 euros, ven de realizar os últimos pagos. En total, efectuouse o abono de 93 solicitudes das 101 recibidas, quedando 8 sen conceder debido a que non cumprían algún dos requisitos especificados nas bases.
A través desta convocatoria todos os autónomos do municipio que se viran afectados polo Estado de Alarma recibirán unha axuda de, como mínimo, 1.500 euros.
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou que “estamos seguros de que esta liña de subvencións axudará aos nosos veciños e dará un impulso á actividade económica do noso municipio, protexendo os empregos na vila”.
0 Comments
Leave A Comment