O goberno local do Concello de Guitiriz levará hoxe a pleno (19:30 horas) unha proposta de suplemento de crédito que inclúe unha partida de 200.000 euros para rematar de completar, con fondos municipais, a totalidade do orzamento de construción do novo PAI.
A actuación ten un custe de 367.000 euros, dos que a administración local aportará 275.000 euros e a parte restante será sufragada cunha subvención de 92.780,25 euros a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.
Ante o incumprimento do compromiso acadado no ano 2019 coa conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, de que colaborarían no financiamento deste proxecto, o Concello decidiu asumir o investimento necesario para completar o orzamento.
A actuación, que ten un custe de ao redor de 350.000 euros, permitirá ampliar a oferta do PAI en 15 prazas de educación infantil (0-3 ano), resolvendo así o déficit existente para ese tramo de idade e eliminando as listas de agarda.
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explica que “este é un proxecto moi importante para o municipio xa que é urxente dotar ao PAI de máis prazas” e lamenta que “a Xunta deixe de lado as súas competencias e incumpra o pactado”. “Tras tantas negativas, non podíamos agardar máis”, afirma.
0 Comments
Leave A Comment