O Concello de Guitiriz ven de rematar os traballos de renovación de cinco pontes na concorrida Ruta da Auga, un proxecto que contou cun orzamento de 36.790,05 euros, financiado cunha subvención do programa Galicia Refuxio Climático 2025 de 31.133,50 euros.

Tras realizar unha revisión previa no trazado, actuouse nas pontes máis grandes e nas que estaban en peores condicións co obxectivo de mellorar a seguridade no percorrido, que ronda os 20 quilómetros.

Así, dúas destas estruturas localízanse no tramo que vai desde A Ponte Veiga hasta a rúa Rio Forxá e outras dúas forman parte do trazado entre a depuradora e as inmediacións da vía do tren. A última está no tramo entre San Alberte e a Fonde de Valdobín de Parga.