O Concello de Guitiriz renovou o acordo co centro deportivo D10 de Outeiro de Rei para o curso 2024-2025. A través deste acordo todas as persoas empadroadas no Concello terán importantes descontos nas actividades ofrecidas no centro deportivo durante o vindeiro curso, como por exemplo na natación.

As inscricións nas diferentes actividades poden facerse no propio centro deportivo. Unha vez realizada a inscrición, é preciso achegarse ao Concello para facilitar os datos persoais para que os servizos municipais poidan acreditarlle ao centro deportivo D10 que os apuntados están empadroados para poder realizar o correspondente desconto nas actividades.

Por outra banda, este curso non haberá grupos preestablecidos, polo que cada solicitante poderá pedir o horario que mellor se adapte as súas necesidades. Posteriormente, será o centro o que informe se hai praza dispoñible ou non no horario solicitado.

Pódese solicitar máis información no Concello ou chamando ao teléfono 982 37 01 09.