O luns 16 de xuño celebrarase unha audición da Escola Municipal de Música de Guitiriz.

Actuarán o vento madeira, o vento metal e as agrupacións da Escola Municipal de Música. Será a partir das 19:00 horas.

As audicións serán na Escola Habanera, contando con acceso libre a todas as persoas interesadas.