O Concello de Guitiriz abrirá o martes, 10 de setembro, o prazo de inscrición para participar nalgunha das propostas que incorporan as Escolas Deportivas Municipais para o curso 2024/2025.

A matrícula poderá formalizarse ata o 22 de setembro de xeito presencial na casa consistorial, en horario de 8:30 a 14:30 horas, ou a través da sede electrónica municipal. Cada persoa só poderá rexistrar as súas solicitudes e/ou as dos seus fillos e fillas menores de idade.

As prazas cubriranse por estrita orde de entrada. O prezo das actividades será de 15 euros ao mes por alumno/a e actividade e o prezo da matrícula de 10 euros, que se aboará unha vez que a persoa estea admitida na actividade solicitada.

A oferta deportiva inclúe: fútbol sala, ximnasia rítmica, patinaxe, tenis de mesa, ximnasia para adultos, actividades aeróbicas (aerobic, zumba, step), zumba infantil, atletismo e campo a través, pádel, tiro con arco, pilates e ioga.

Descontos

O Concello de Guitiriz aplicará descontos na matrícula nos seguintes supostos: 20% aos membros de familias numerosas, 20% na segunda actividade por estar matriculado en dúas ou máis e, por último, para familias con poucos recursos (consultar en Servizos Sociais do Concello).

SOLICITUDE INSCRICIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2024-2025