Este martes, 7 de novembro, abre o prazo de inscrición do Curso de Iniciación á Cestería que se levará a cabo desde o 30 de novembro ata o 30 de maio no soto da Casa Habanera.

A actividade é gratuíta, pero o alumnado deberá facerse cargo dos gastos do material.

O curso desenvolverase todos os xoves en horario de 16:00 a 19:00 horas.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán apuntarse ata o 17 de novembro ás 14:30 horas no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica.