O programa ‘Guitiriz en Ruta’, organizado polas Escolas Deportivas Municipais coa colaboración do Concello de Guitiriz, continúa este domingo, 26 de outubro, coa Ruta das Bidueiras, que transcorrerá pola zona de San Breixo de Parga.
A saída está programada desde a zona de San Alberte, xunto á ponte, a partir das 10:00 horas, e o percorrido será de aproximadamente 12 quilómetros con dificultade baixa. A chegada está prevista arredor das 14:30 horas no mesmo punto de saída.
As inscricións estarán abertas ata este xoves, 23 de outubro, ás 15:00 horas. Poderanse formalizar no Concello de xeito presencial ou chamando por teléfono ao 982 37 01 09. Ao ser unha ruta dentro do concello a inscrición e gratuíta.
A ruta está aberta ao público xeral, pero os menores deberán ir acompañados por unha persoa adulta. Ao tratarse dunha actividade só de mañá, recoméndase levar algo para picar e auga.
0 Comments
Leave A Comment