A Casa Habanera acollerá o martes 16 de abril un obradoiro gratuíto de elaboración de conservas, unha iniciativa impulsada polo Concello de Guitriz, a Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño.
O prazo de inscrición estará aberto desde mañá, venres 5 de abril, ata o próximo venres, 12 de abril, e poderá formalizarse de xeito presencial na casa do concello ou chamando ao teléfono 982 370 109. As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas.
A sesión celebrarase o martes 16 de abril de 16 a 20 horas na Casa Habanera.
0 Comments
Leave A Comment