Onte, xoves 26 de setembro, tivo lugar a sesión plenaria ordinaria do mes de setembro no Concello de Guitiriz.
Aprobáronse os festivos locais para o ano 2020, que serán o martes de Entroido e o luns 3 de agosto despois do Festival de Pardiñas. Fíxose cos votos a favor do PSOE e PP e a abstención do BNG.
Ademais, aprobáronse por unanimidade os seguintes puntos:
- A aprobación inicial da modificación puntual do regulamento de réxime interior do PAI.
- A caducidade do procedemento de investigación da titularidade do camiño público/vía pública que conecta a Rúa Os Casás coa Rúa Amor de Deus, que dá acceso aos portais 12,14 e 16 e incoación dun novo procedemento.
- Aprobación inicial da modificación puntual da RPT e da Plantilla de persoal.
Por outra banda, aprobouse un Recoñecemento Extraxudicial de Créditos cos votos a favor do PSOE e as abstencións de PP e BNG.
Na quenda das mocións, o BNG presentou dúas:
- Moción para mellorar a democracia e a transparencia, que foi rexeitada cos votos en contra de PSOE e PP e a favor do BNG.
- Moción a favor da liña ferroviaria A Coruña-Monforte-Ponferrada, que foi aprobada por unanimidade.
0 Comments
Leave A Comment