Hoxe, xoves 25 de xaneiro, celebrouse un pleno ordinario do Concello de Guitiriz no que se trataron os seguintes puntos:
1. Acta da acta da sesión anterior. Aprobada por unamidade.
2. Dación conta resolucións alcaldía dende o número 2023-1042 ata o 2024-0038
3. Modificación RPT (10ª modificación). Aprobada cos votos a favor do PSOE, a abstención do PP e os votos en contra do BNG.
4. Aprobación do orzamento 2024. Aprobado cos votos a favor do PSOE e en contra do PP e do BNG.
5. Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Guitiriz para os anos 2024-2027 (con enmenda para incluir ao colectivo LGTBIQ+*). Aprobado por unanimidade.
6. Aprobación da Ordenanza Xeral de Prezos Públicos. Aprobada cos votos a favor do PSOE e do PP e abstención do BNG.
7. Modificación das indemnizacións por asistencias a órganos colexiados. Aprobada por unanimidade.
8. Moción PP relativa á Lei 7/2023 de protección dos dereitos e benestar dos animais. Aprobada por unanimidade.
9. Moción PP para reclamar ao Goberno Central o seu compromiso co proxecto hidroducto Guitiriz-Zamora. Rexeitada cos votos en contra do PSOE e os votos a favor do PP e o BNG.
10. Moción BNG relativa a construción dunha praza na Rúa Xermade adxacente ao IES Diaz Castro. Aprobada por unanimidade.
11. Rogos e preguntas
0 Comments
Leave A Comment