Recollida de plásticos agrícolas

FAGAMOS UN BO USO DESTE SERVIZO!

A recollida dos plásticos agrícolas realizarase directamente nas explotacións.

Para solicitar a recollida, deberás chamar ao Concello no teléfono 982 37 01 09. A empresa responsable poñerase en contacto contigo para indicar o día da recollida.

Lémbrase que este servizo é exclusivamente para a recollida de plásticos agrícolas, como plásticos de silo ou de invernadoiro.

Non se recolle outro residuo, tal como ❌ neumáticos, enseres e garrafas. ❌

Se necesitas información…

Envía as túas dúbidas por email info@concellodeguitiriz.com ou chamando ao 982 370 109