Voluntariado en Guitiriz
O traballo do voluntariado é fundamental para a sociedade, xa que contribúe o benestar da mesma. Os voluntarios son todas aquelas persoas que serven a unha comunidade por decisión propia e libre, e que non cobran polo seu traballo. Son varias as motivacións que animan a xente a facerse voluntario como son:
- Altruísmo: O beneficio doutro sen recibir ningunha gratificación económica por elo.
- Solidariedade: Trabállase non só para outros senón con outros, sentindo seus problemas como propios, igual cás accións para solucionalos e os beneficios así obtidos.
- Calidade de vida: Axudar a outros fai sentirse ben os voluntarios.
- Devolución de favores recibidos: Persoas que se beneficiaron do traballo voluntario de outros devolven o recibido a sociedade.
- Conviccións relixiosas: A fe move os voluntarios crentes.
- Aumentar posibilidades de traballo: Moitos empresarios valoran o traballo voluntario por iniciativa, responsabilidade, etc dos que o realizan. O voluntariado é especialmente útil para encontrar traballo no campo social.
- Aumentar as relacións sociais: A través do voluntariado se soe coñecer a moita xente. Ademais os voluntarios que se adican a un mesmo fin solen ter intereses comúns.
O voluntariado pode ser de 2 tipos:
- Formal (realizado dentro de organizacións non lucrativas).
- Informal (os voluntarios actúan individualmente ou en grupos non rexistrados).
As condicións que deber ter o traballo voluntario son:
- Ser desinteresado: O voluntario non persegue ningún tipo de beneficio nin gratificación pola súa axuda.
- Ser intencionado: Persigue un fin e un obxectivo positivo (buscar un a una mellor situación de outra persoa ou situación) e lexÍtimo (o voluntario goza de capacidade suficiente para realizar a axuda e de certo consentimento por parte do outro que permite que lle axude).
- Está xustificado: É dicir, que responde a unha necesidade real do beneficiario/a. Non é un pasatempo nin un entretemento sen máis, senón que persigue a satisfacción dunha necesidade que definimos previamente como tal. Xeralmente busca o beneficio do outro a través dun esforzo persoal, movido por algo, buscando como dicimos un fin xustificado.
- O Voluntariado complementa a labor da administración pública e dos profesionais da acción social, pero nunca os debería sustituír nin suplantar.
O Concello de Guitiriz posúe unha rede de voluntariado e un amplo campo onde traballar como son:
- Tarefas medioambientais.
- Acompañamento de maiores.
- Colaboración en tarefas cultarais e socio educativas.
- O baile domincal dos maiores.
- E un longo etc