O Concello de Guitiriz abrirá este luns, 5 de setembro, e ata o 30 do mesmo mes o prazo de matrícula do obradoiro de cerámica que se impartirá desde outubro ata maio no soto da Casa Habanera.
Este curso levarase a cabo en dúas quendas, unha de mañá, de 11:30 a 13:30 horas e outra de tarde, de 18:30 a 20:30 horas. O prezo é de 20 euros ao mes e a inscrición pódese formalizar a través da sede electrónica municipal ou de xeito presencial no Rexistro pedindo cita previa no 982 370 109.
0 Comments
Leave A Comment