Esta fin de semana tocou volver ao monte en BTT nunha nova saída do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, organizado polo Concello coa colaboración do club Btteiros Cova da Serve, que nesta ocasión percorreu a Ruta das Bidueiras.
Foi, unha vez máis, un éxito de participación, con preto de 50 participantes inscritos de todas as idades, que puideron desfrutar dun moi bo día para a práctica desde deporte.
A próxima, e última saída do programa, será a Penas de Rodas (Outeiro de Rei) o domingo 29 de maio.
0 Comments
Leave A Comment