Onte, domingo 29 de maio, clausuráronse os programas municipais ‘Btteando por Guitiriz’ e ‘Guitiriz en Ruta’. Para esta última xornada o Concello fixo coincidir o punto de saída e chegada dos dous itinerairos, que tivo lugar na área recreativa de Penas de Rodas en Outeiro de Rei, onde se aproveitou para facer uns pinchos de confraternidade entre os participantes destas dúas iniciativas.
Foron 38 as persoas que participaron na última andaina, a Ruta do Miradoiro da Terra Chá, con 12 quilómetros de percorrido. Puideron gozar dun fermoso día en boa compañía.
O mesmo que os btteiros, que gozaron da última saída por Penas de Rodas, dando así por rematada a temporada e xa agardando con ansias á próxima.
0 Comments
Leave A Comment