O prazo para renovar a matrícula na Escola de Música Municipal de Guitiriz para o curso 2024/2025 estará aberto desde hoxe, martes 11 de xuño, ata o venres 28 de xuño nas seguintes disciplinas:

  • Iniciación musical (de 3 a 7 anos).
  • Instrumento e Linguaxe Musical (a partir de 8 anos).
  • Banda municipal.
  • Agrupación moderna.
  • Grupo Municipal de Gaitas.
  • AGrupacións para adultos.

Para máis información e inscricións no concello: de forma presencial no Rexistro, ou pola sede electrónica.

RECIBO MATRÍCULA ESCOLA DE MÚSICA 2024-25