Comeza a tempada 2019/2020 das rutas BTT polo Concello de Guitiriz. Todas están abertas ao público en xeral, a partir dos 10 anos de idade, e cun mínimo de práctica en bicicleta de montaña.
As rutas terán unha duración entre tres e tres horas e media. Haberá rutas máis curtas, accesibles e adaptadas, para os nenos e as nenas menores de 10 anos. É obrigatorio levar casco, aconsellable guantes, chuvasqueiro en caso de choiva, levar sempre unha peza de froita e auga. Todas as saídas programadas faranse na data e no horario indicado.
Haberá rutas os domingos 20 de outubro, 17 de novembro, 15 de decembro, 19 de xaneiro, 16 de febreiro, 15 de marzo, 19 de abril e 31 de maio. É unha actividade organizada polo Concello de Guitiriz, en colaboración co Club BTTeiros Cova da Serpe.
0 Comments
Leave A Comment