O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe á Feira de Padrón para o próximo domingo, 17 de marzo. O prazo para anotarse na Oficina de Turismo municipal, ou chamando ao teléfono 982 370 109, estará aberto ata o xoves 14 de marzo, as prazas son limitadas e darase preferencia ás persoas empadroadas.
A hora de saída prevista para ese mesmo domingo, 17 de marzo, é ás 9 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz e o regreso será ás 20:30 horas. O prezo desta actividade é de 30 euros e inclúe almorzo, xantar, transporte e seguro.
A programación da viaxe inclúe o almorzo, un paseo pola feira, xantar, e, no regreso, farase unha parada en Santiago de Compostela.
0 Comments
Leave A Comment