O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe a Fonsagrada e Oscos para o martes 4 de xuño. O prazo para anotarse na Oficina de Turismo municipal, ou chamando ao teléfono 982 370 109, estará aberto ata o xoves 30 de maio, as prazas son limitadas e darase preferencia ás persoas empadroadas.
A hora de saída prevista para ese mesmo martes, 4 de xuño, é ás 8:30 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz. O prezo desta actividade é de 35 euros e inclúe almorzo, xantar, transporte e seguro.
0 Comments
Leave A Comment