O Concello de Guitiriz organiza o vindeiro 10 de novembro unha viaxe gastronómica a Lalín, para a degustación do típico cocido da zona e para visitar a Queixería Pazo Anzuxao e o Santuario da Virxe do Corpiño.

A saída será ás 8:30 desde o Campo da Feira e as persoas interesadas poderán anotarse do 21 ao 31 de outubro de xeito presencial na Oficina de Turismo do Concello.

As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empodroadas. Será preciso un mínimo de 35 persoas inscritas para levar a cabo a viaxe.

O prezo da saída será de 45 euros e inclúe almorzo, comida e transporte en autobús.

Máis información no 982 370 109.