O Festival de Pardiñas 2024 comeza o venres 2 de agosto e estenderase ata o domingo 4 de agosto, cunha ampla programación na que a cultura galega é a gran protagonista. A Asociación Cultural Xermolos volve a encargarse da organización do evento nesta 45ª. edición na que a música e a tradición serán as grandes protagonistas do fin de semana no Concello de Guitiriz, con actividades como obradoiros, mostras ou concertos.