O Festival de Pardiñas 2025 comeza o venres 1 de agosto e estenderase ata o domingo 3 de agosto, cunha ampla programación na que a cultura galega é a gran protagonista. A Asociación Cultural Xermolos volve a encargarse da organización do evento nesta 46ª. edición na que a música e a tradición serán as grandes protagonistas do fin de semana no Concello de Guitiriz, con actividades como obradoiros, mostras ou concertos.