Xurxo Fernandes completa a programación de concertos da VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz, que se celebrará o domingo 2 de xuño no Campo da Feira.

Este artista coruñés está considerado como unha figura de referencia no panorama da música de raíz de Galicia, tanto a nivel etnográfico como artístico, capaz de innovar desde a tradición.

Con este anuncio complétase a programación de concertos da VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz que reúne a Fillas de Cassandra, Mondra e Xurxo Fernandes.