Bando municipal no que se informa que a Unidade Móbil 01 de inspección técnica de turismos estará no Concello de Guitiriz nas seguintes datas:

Do 04/02/2022 ao 08/03/2022 no Polígono Industrial (Guitiriz).

O horario de atención será de 09:00 a 13:30 horas na mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde. O día 8 de marzo o servizo prestarase soamente en horario de mañá.

Para solicitar cita previa pode facelo no teléfono 902 30 90 00 ou a través da web www.sycitv.com no apartado de Cita Previa.