Bando municipal no que se recopilan as medidas adoptadas polo Concello de Guitiriz sobre a unidade móbil de inspección técnica de turismos que estará no Polígono Industrial de Guitiriz os seguintes días: 

  • Mércores 27, xoves 28 e venres 29 de maio de 2020.
  • Luns 1 de xuño. 

O horario habitual de atención será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00, do mércores ao venres. E en horario só de mañá o luns 1 de xuño, de 9.00 a 13.30 horas.

Para acudir a este servizo é impresindible solicitar Cita Previa para ser atendido mediante estas dúas vías:

  • Por teléfono no número 902 30 90 00
  • Por internet a través da páxina web: www.sycitv.com