Xa temos o cartel do Festival de Pardiñas, que se celebrará o 4, 5 e 6 de agosto.
Julia Saavedra Gayoso, veciña de Guitiriz, foi a encargada de crear o cartel e as camisetas da vindeira edición do Festival. Ela asiste ao evento dende que era unha nena, e dinos “a estética deste ano é sinxela e minimalista, representa o que considero que é o #FestivaldePardiñas: un gran mundo que nace da unión de voluntarios/as – o arco de madeira da pandeireta representa ese universo e as sonaxas son as personas que fan posible o festival – e o ceo cheo de estrelas representa a todos os pequenos artistas que a pesar de pasar desapercibidos no ambiente do festival, son os que fan posible este “universo”. Se tivese que pedir un desexo a unha desas estrelas, pediría que o Festival fose eterno porque “Pardiñas dásnos a vida!”.
0 Comments
Leave A Comment