O vindeiro martes, 15 de agosto, chega ao Campo da Feira de Guitiriz o espectáculo familiar do Mago Antón ‘Mil maxias máis’.

Un show cheo de diversión e moita maxia no que haberá un total de cinco funcións (45 minutos de duración cada función) ao longo de todo o día:

  • 13:00 horas
  • 18:00 horas
  • 19:00 horas
  • 20:00 horas
  • 21:00 horas

O espectáculo contará con 80 prazas e a entrada será por orde de chegada.