DONA Mª SOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)
FAI SABER:
Que dende o campo de Manobras e Tiro de Parga (Guitiriz) infórmannos que do día 16 ao 19 de novembro de 2026, persoal da 1ª Compañía do BIP II/3 “Toledo” realizará actividades que requiren o desprazamento polo exterior da propiedade militar. Estas actividades levaranse a cabo, entre outros, polo termino municipal deste concello.
O que se fai público para xeral coñecemento.
A ALCALDESA
Mª Sol Morandeira Morandeira.
