BANDO
DONA MARISOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)
FAI SABER:
Que dende o Campo de Manobras e Tiro de Parga (Guitiriz) infórmannos que o día 2 de xullo do 2022, dende as 15:30 ata as 19:30 horas, unha Unidade da Armada (1a Brigada “ALFA” da ENSENGRA) realizará unha marcha topográfica que require o desprazamento polo exterior da propiedade militar.
Esta actividade levarase a cabo polo Concello de Guitiriz. O que se fai público para xeral coñecemento.
A Alcaldesa
Marisol Morandeira Morandeira
0 Comments
Leave A Comment