Antonio Teijido e Isabel Bao proclamáronse gañadores absolutos da XV ‘Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal’ organizada polo Concello, en colaboración coa Asociación Capaces, na que participaron en total preto de 250 persoas, entre a carreira e a andaina.

Na categoría sub 10 os vencedores foron Arai Gallardo e Claudia Fernández, en sub 12, gañaron Gael Pereira e Mariña Portas. En sub 14 remataron en primeiro posto Amelia Carril e Roi Fraga, e en sub 16 fixérono Hugo Ferro e Antía Yáñez. Na proba senior Melani Díaz e Marcos Penela encabezaron a proba, mentres que nas probas máster os vencedores foron os seguintes:

  • Máster 1: Diego Bello e Ivana Rodríguez.
  • Máster 2: Elvira Cereijo e Luis López.
  • Máster 3: Celerino Pedreira.

Proximamente anunciarase a cantidade total recadada a través das inscricións e da Fila 0, que irá a parar á Asociación Capaces.