DONA Mª SOL MORANDEIRA MORANDEIRA ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

FAI SABER:

O Concello de Guitiriz, ante a chegada da temporada estival, e debido ao rápido crecemento da vexetación en solares ubicados nas zonas urbanas de Guitiriz e Parga, ante a necesidade de recordar a obriga dos propietarios de ditas parcelas;

Recordar o deber de todos o propietarios de acordo co disposto nos artigos 15.1 b) e 16.1 do Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo, e o artigo 135, apartados 1 c) e 3, da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, de Solo de Galicia, así como o artigo 21 ter da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, teñen o deber de conservar e manter o solo natural e, se é o caso, a masa vexetal nas condicións precisas que eviten a erosión e os incendios, impedindo a contaminación da terra, o aire e a auga, e as demais condicións que se determinan na lexislación vixente, sobre todo si se atopan na franxa de 50 metros a unha edificación.

A mesma Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, prevé o réxime sancionador que debe aplicarse no caso de incumprimento de ditos deberes.

Como consecuencia, ponse en coñecemento de todos a necesidade de proceder a dita limpeza urxentemente, e a adoptar cantas medidas se estimen necesarias para evitar o risco de incendios, podendo en caso de incumprimento, efectuar de forma subsidiaria e a costa dos propietarios as operacións de limpeza pertinentes, sen perxuizo das sancións que foran procedentes.

A limpeza dos solares deberá facerse antes do 31 de maio de 2025.

O que se publica para xeral coñecemento e cumprimento. Expoñéndose para coñecemento da poboación xeral, no taboleiro de anuncios, difundíndose tamén a través da sede electrónica e web do concello e redes sociais.

A Alcaldesa

Mª Sol Morandeira Morandeira