A alcaldesa, Marisol Morandeira, achegouse onte ata os centros educaticos do concello para facer entrega dunha donación de libros, co obxectivo de mellorar o fondo bibliográfico das bibliotecas escolares e poñer á disposición do seu alummnado obras como o libro de poesía “Pretérito imperfecto” de Minerva Varela Saa, ou o gañador da IV edición do Premio Díaz Castro, “A traxedia da arquitectura ” de Xosé Luís Mosquera Camba.

Ademais, non faltou un pequeno lote composto por libros de ” Os bolechas”; dos que tamén poderán gozar os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia.