A aula CeMIT de Guitiriz acollerá o vindeiro 13 de novembro, en horario de 10:30 a 12:30, a actividade “O teu día a día con Seguridade”, impartida por profesionais do departamento de seguridade e infraestruturas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Trátase dunha formación práctica sobre os principais retos aos que estamos expostos no día a día no contexto da ciberseguridade e como afrontalos.

CONTIDOS FORMATIVOS DA SESIÓN

  • Contexto e Datos
  • Seguridade en credenciais
  • Correo electrónico e navegación segura
  • Seguridade en dispositivos móviles
  • Malware: principias exponentes
  • Fraude bancaria
  • Adictos a rede
  • Referencias

A actividade conta con prazas limitadas e as persoas interesadas poderán realizar a inscrición a través da web https://cemit.xunta.gal/gl/centros/guitiriz, enviando un correo electrónico a cemit.guitiriz@xunta.gal ou no teléfono 982 370 062.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 16 de outubro ata o 31 de outubro.