A Aula Mentor do Concello de Guitiriz, situada no Telecentro, convoca os cursos de formación en liña dirixidos ao profesorado, que permiten inscribir os certificados no Rexistro de Formación do Profesorado do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O prazo para anotarse a calquera das opcións está aberto, a ensinanza será levarase a cabo de xeito telemático e os exames serán presenciais nos meses de abril, xuño e outubro deste ano 2022. O funcionamento, as condicións, os prezos e as normas dos cursos desta convocatoria seguen o mesmo procedemento que o resto da Aula Mentor.

Os docentes terán as seguintes opcións: GIMP; Photoshop Básico; Deseño en 3D con Sketchup inicial; Crea á túa web con WordPress; Modulación da voz; Linguaxe de signos A1; Educación infantil; Técnicas de estudo; Familia, Escola e Convivencia; Ferramentas para o aprendizaxe en Educación Formal e Non Formal; Coaching e liderado persoal; Redes sociais para PEMES; Orientación profesional e busca de emprego; Comunicación efectiva e traballo en equipo; Promoción e comercialización de produtos e servizos turísticos locais; Iniciación á musicoterapia; Fotografía dixital, Adobe Ilustrator e Adobe Indesign.

Para máis información, na propia Aula Mentor do Telecentro, no teléfono 982 370 062 ou no correo electrónico guitiriz@aulamentor.es.