Empeza un novo ano e por tanto iníciase o novo calendario do Libro e a Lectura 2023 que comeza a súa andaina coa primeira efeméride do ano: o 11 de xaneiro, día das persoas usuarias.

Unha data especial para a biblioteca pública municipal do Concello de Guitiriz, xa que o noso público é o máis importante; as persoas que veñen á biblioteca en busca de información, de formación, na procura dun lugar de encontro e de ocio son as que dan sentido ano noso labor.

Para festexalo nomeáronse os socios e socias de honra deste 2023, seleccionados entre os mellores lectores/as do ano anterior aos que se lle entregou un agasallo.

SOCIOS E SOCIAS DE HONRA 2022 DA B.P.M “CASA HABANERA”

CATEGORÍA ADULTA

Roberto Losada Vázquez

Ana Casas Filiol de Raimond

CATEGORÍA INFANTIL E XUVENIL

Andrea Cuesta Albadalejo

Roi Lopez Quijada