Co gallo do Día do Libro 2023, a Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz, ubicada na Casa Habanera, acolle ‘Láminas do Quixote’, unha mostra de debuxos feitos a bolígrafo sobre O Quixote, por Jesús Trastoy.

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) é quen achega esta mostra, composta por 108 laminas feitas á man, nas que se poden descubrir as andanzas de Don Quixote e Sancho Panza.

Poderase visitar a exposición desde o 24 de abril ata o 15 de maio, no seguinte horario: nas mañás, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, pola tarde, de luns a xoves, de 16:00 a 18:30 horas. Para grupos, concertar visitas a través do correo electrónico: biblioteca@concellodeguitiriz.com.