A Casa Habanera acollerá, un ano máis, a exposición ‘Tal como éramos’ de fotografía antiga de Guitiriz e as súas xentes.
Esta será a sexta edición que organiza o Instituto de Estudos Chairegos, que correspondería facer xa no pasado ano, pero que foi adiada por mor da Covid-19.
Como nas anteriores edicións, nesta exposición móstranse 120 fotos en branco e negro e de temática diversa na que as persoas asistentes poderán gozar e aprender como era a vida na vila chairega durante a segunda metade do século pasado.
A mostra estará aberta ao público a partir do vindeiro venres, 17 de decembro, ás 19:00 horas. Ese mesmo día realizarase un visionado comentado de todas as fotos expostas.
0 Comments
Leave A Comment