O Concello de Guitiriz acolle, durante dúas semanas, tres exposicións culturais na biblioteca municipal ‘Casa Habanera’. A presentación terá lugar na biblioteca municipal do 24 de agosto ata o 7 de setembro, en horario de 11.00 a 13.30 horas. A entrada será de balde e para todos os públicos.
A primeira delas será un homenaxe a Ricardo Carvalho Calero durante a súa estancia en Lugo. Unha mostra formada por 13 paneis informativos, que dará a coñecer a vida e obra do escrito galego homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Ademais, tamén haberá a exposición e a presentación do libro Carvalho Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi, a cargo de Xulio Xiz.
A segunda exposición será ‘Estrela de Rosalía’ que contará cun panel informativo cedido pola Agrupación astronómica IP da Coruña, na cal se achega información relacionada ao respecto.
Por último, o artista lucense Xosé Marra, expoñerá unha mostra fotográfica realizada durante o confinamento e chamada ‘Estado de Alarma’. Marra ten participado en moitas exposicións na Casa das Artes de Pardiñas, en proxectos documentais, facendo memoria dos nosos poetas coma MAnuel Maria e Díaz Castro, e tamén rexistrando no colectivo as luces e as sombras da cotidianeidade.
A alcadesa, Marisol Morandeira, engadiu que “estas tres exposicións achegará a toda a veciñanza unha mostra da cultura da nosa terra. Son tres obras de gran calidade e sensibilidade”.
0 Comments
Leave A Comment