O Concello de Guitiriz acollerá, no próximo mes de xuño, dous obradoiros de ‘Uso axeitado de medicamentos’ e ‘Hixiene, prevención e eliminación de úlceras’, que forman parte da Escola Galega de Saúde Para Cidadáns.

Levaranse a cabo na Casa Habanera, sempre ás 17 horas. O primeiro será o de Uso axeitado de medicamentos (martes 13 de xuño), orientado a saber como actúan os medicamentos, as súas contraindicacións, a automedicación, os antibióticos… e o de Hixiene, prevención e eliminación de úlceras (martes 27 de xuño), no que se falará do coidado da pel e dos pés, as úlceras por presión, mobilización do/a dependente, tipos de incontinencia, fortalecemento do solo pélvico, etc.

As inscricións deben formalizarse en https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais antes da data do curso. As persoas interesadas en participar poden solicitar axuda para inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello.