O Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca municipal ‘Casa Habanera’, lanza os ‘Xogos da primavera’, unha actividade que nace co obxectivo de promover a relación interxeracional entre os maiores e os nenos do municipio.
Farase a través de actividades lúdicas, que permitan estimular a recreación, comunicación e socialización entre os maiores e os nenos, revalorizar os xogos do onte, promovendo a participación activa das persoas maiores no ensino dos mesmos, e facilitar a inclusión dos xogos actuais como ferramenta de interacción entre nenos e adultos.
Levarase a cabo desde o 21 de marzo ao 21 de xuño, o 1º e o 3º luns de cada mes de 17 a 18:30 horas. Como condición para poder participar, os equipos deben estar formados por dúas persoas: un adulto e un menor ou ben dous adultos. As persoas interesadas anotaranse na biblioteca, o xoves anterior á data de realización de cada un dos días de xogo, indicando os nomes e o xogo no que participa. O máximo de participantes serán 4 parellas por cada xogo.
Os xogos que se levarán a cabo son: ‘Xogo da rá’, un xogo tradicional de lanzamento no que a puntería e a precisión dos xogadores son clave para obter unha boa puntuación; ‘Birlos’, sumando puntos por cada birlo que se derruba; e ‘Mariola’, un xogo tradicional infantil, no que se debuxan unha serie de casillas numeradas no chan por onde ten que saltar o xogador, que se arrastra mentres se salta á pata coxa.
Haberá premios entre os participantes, que consistirán nun sorteo de material do Xacobeo e tamén un obsequio para cada equipo con máis puntuación en cada un dos xogos.
Podes consultar as instruccións dos Xogos de primavera aquí
0 Comments
Leave A Comment