A Casa Habanera de Guitiriz acolleu na mañá deste 2 de decembro a presentación do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala, un evento único que terá lugar do 6 ao 8 de decembro.
O polideportivo Jonathan Carro albergará durante a xornada do martes, 6 de decembro, algúns dos encontros correspondentes á fase previa da zona norte.
Participarán as seguintes categorías:
Infantil masculino
Infantil feminina
Alevín masculino
Alevín feminina
Benxamín mixto
No acto de presentación estiveron presentes a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o concelleiro de Deportes, Iván Morado; e o vicepresidente da RFGF e presidente do Comité Galego de Fútbol Sala, Pablo Prieto.
0 Comments
Leave A Comment