O próximo domingo, 28 de xaneiro, dará comezo a sexta edición do programa municipal de sendeirismo ‘Guitiriz en Ruta’, que nesta ocasión consta de oito andainas e rematará o 22 de decembro de 2024.
A Ruta da Auga, no seu tramo do Camiño de Santiago, con saída ás 10 horas das instalacións do CIT de Parga, será a primeira saída da programación, que inclúe unha ruta por mes das que cinco son polo municipio, que son gratuítas, e as outras tres noutros concellos, que teñen un custe de 5 euros para empadroados e de 10 euros a non empadroados.
As inscricións realizaranse de xeito presencial na casa do concello ou por teléfono no 982 370 109 ata as 15 horas do xoves anterior á ruta de sendeirismo programada.
Todas as saídas están abertas ao público en xeral que teña unhas condicións físicas mínimas para poder camiñar varios quilómetros. Completan a programación: a ruta do río Mera en Lugo (domingo 25 de febreiro), o Camiño Vello de Aldosendo en Paradela (domingo 24 de marzo), coñecendo a parroquia de Mariz (domingo 28 de abril), a ruta da Pedra de Díaz Castro nos Vilares (domingo 26 de maio), camiñando entre provincias (domingo 27 de outubro), a ruta do Río Mendo en Oza dos Ríos e Betanzos (domingo 24 de novembro) e a ruta do Río Requeixo (o domingo 22 de decembro).
0 Comments
Leave A Comment