Este luns, 3 de xuño, o Concello de Guitiriz abriu o prazo de inscrición para participar nunha excursión ao Aquapark de Cerceda, que se levará a cabo o luns 1 de xullo e que está dirixida ao público en xeral.

A saída está prevista para as 10:30 horas desde o pavillón municipal Jonathan Carro e o regreso para as 21 horas.

O prazo para anotarse remata o venres 14 de xuño. Pode formalizarse de forma presencial na casa do concello e o prezo é de 15 euros, incluíndo a entrada e o bus.