Xa está aberta ao tráfico a rúa Nova, ao rematar os traballos que se estaban a levar a cabo para solucionar o socavón que se formara.
As obras consistiron en:
- Renovación da condución do saneamento, que era de formigón e agora está en PVC.
- Construír un pozo de rexistro para mellorar o saneamento das augas residuais.
- Pavimentación da vía.
- Colocación duns bolardos para delimitar a zona de paso dos peóns.
Desde o Concello De Guitiriz lamentamos as molestias ocasionadas aos veciños e veciñas afectadas por unha actuación que servirá para dar un mellor servizo de saneamento do que existía anteriormente.
0 Comments
Leave A Comment