Desde hoxe, luns 19 de setembro, está aberto o prazo de inscrición para o taller de estimulación cognitiva e da memoria que arrincará no mes de outubro nas súas sedes de Guitiriz e Parga.

O grupo de Guitiriz verase os venres ás 11:30 horas na Casa Habanera a partir do venres 14 de outubro e o grupo de Parga os xoves ás 11 horas na Escola das Nenas do Campo da Feira, con inicio neste caso o xoves 13 de outubro. As persoas participantes realizarán actividades de atención, ximnasia cerebral, concentración, memoria e lóxica.

O prazo para anotarse remata o 7 de outubro e pode formalizarse de xeito presencial no Rexistro da casa do concello ou a través da sede electrónica.

FICHA INSCRICIÓN MEMORIA