Todas as persoas maiores de 50 anos interesadas poderán formalizar a súa matrícula ata o 17 de febreiro. A UNED/UNED A Coruña abriu ata o vindeiro 17 de febreiro o prazo de matrícula do segundo cuadrimestre do programa formativo UNED/UNED Sénior, dirixido a persoas maiores de 50 anos que, con independencia da súa formación académica, estean interesadas en enriquecer os seus coñecementos sen realizar exames.     

O obxectivo deste programa é ofrecer unha modalidade aberta a persoas que buscan unha formación continua, mellorar a súa calidade de vida, ampliar os seus coñecementos e fomentar as relacións interpersoais.  O programa é aberto e moitas materias cambian en cada curso; con todo, cada estudante pode matricularse no número de materias que desexe e nas que estea interesado/a.

Este curso 2019/20 no programa da UNED/UNED Sénior da Coruña ofértanse 25 materias, 13 das cales se imparten neste segundo cuadrimestre, entre as que se atopan as seguintes: Patrimonio Histórico, Actividade física e Incidencia na saúde, Cultura musical de Galicia, Historia da arte, Iniciación á lingua inglesa II ou Introdución á informática, Internet e correo electrónico, entre outras. As clases comezarán o vindeiro 17 de febreiro e finalizarán o 3 de xuño de 2020.     

Este primeiro cuadrimestre, no programa UNED/UNED Sénior do Centro houbo un incremento dun 17% de estudantes, pasando de 389 alumnos/ as no curso pasado, a 420 este ano.  

Máis información en Secretaría do C.A. UNED/UNED A Coruña ( c/ Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es     

Tamén podes solicitar información nos concellos colaboradores onde hai Aulas da UNED/UNED Sénior da Coruña.